WEB - Resolucións de 6 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e da lingua castelá nos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (ED001A)
Composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento de galego
A proba de galego que se le levará a cabo de forma escrita, consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo V e nunha tradución do castelán para o galego terá lugar o día 22 de maio de 2021, ás 18.00 horas, na sede ou sedes que determine a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos na resolución.
Composición do tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento de castelán
A proba de acreditación do coñecemento do castelán terá lugar o día 22 de maio de 2021, ás 17.00 horas, na sede ou sedes que determine a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos na resolución.