Convocatoria de novos centros (CPI, CIFP e IES) para o programa CUALE


05 Abr, 2021

DOGRESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado Cuale para o curso 2021/22.

Primeiro. Que a regulación e convocatoria de autorización do Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado -Cuale- para o curso 2021/22 estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade: http://www.edu.xunta.gal/portal.

Segundo. Os centros que desexen implantar o programa Cuale deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación á que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos no programa correspondente Cuale.  Acceso á aplicación informática

Terceiro. Que o prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2021.

Resolución do 23 de marzo de 2021