Convocatoria de novos centros para participar no programa Plurinfantil


05 Abr, 2021

DOGRESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o Programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2021/22.

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar no Programa de ensinanzas plurilingües no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2021/22.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2021 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. 

Terceiro. Que os centros que desexen impartir o programa de Plurinfantil deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos.

Resolución do 22 de marzo de 2021