Convocatoria para centros educativos para acoller a un docente estranxeiro


23 Mar, 2021

BOEResolución do 9 de marzo de 2021, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan prazas para centros educativos de Educación Infantil e Primaria, Ensino Secundario, Formación Profesional ou de Ensinos de Réxime Especial que desexen acoller a un docente estranxeiro/a para o curso 2021/2022.

A presente resolución ten como obxecto a elaboración dunha relación de centros educativos dispostos a acoller, se fose posible, a profesorado de Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Italia, Noruega, os Países Baixos, Portugal, o Reino Unido, a República de Irlanda, Suecia e Suíza para a realización dunha estancia profesional europea no conxunto do territorio do Estado español.

Este programa ten como finalidade, para os centros educativos, reforzar o conxunto de accións destinadas a favorecer intercambios culturais, coñecer outras metodoloxías, así como fomentar a aprendizaxe de linguas estranxeiras e a participación en programas educativos europeos.

Unha vez asignado/a un/a docente a un centro, o equipo directivo designará a un/a docente do claustro para que coordine a acollida.

Solicitudes. Os centros educativos que reúnan os requisitos esixidos poderán presentar unha única solicitude mediante o formulario electrónico dispoñible na dirección https://sede. educacion. gob.es/, que poderá ser localizada introducindo o nome da convocatoria na sección «buscar trámites».

Prazo de presentación. O prazo de presentación de solicitudes e documentación acreditativa será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da presente resolución.

A relación de centros solicitantes e toda a información sobre este programa atoparase ao dispor dos/ as interesados/ as nas páxinas web do Ministerio de Educación e Formación Profesional e do INTEF, actualmente:

https://sede. educacion. gob.es/

-  http://www.intef.es.