CXT 2020/21 - Resolución provisional do concurso específico de ADULTOS


04 Mar, 2021

WEB Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.

Contra esta resolución provisional, segundo o establecido na base décimo sexta da Orde do 13 de novembro de 2020, cabe reclamación no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación na citada páxina web,  do 05/03/2021 ao 11/03/2021, ambos incluídos. O prazo de renuncias será o mesmo que o establecido para as reclamacións, non obstante, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade.  LIGAZÓN á aplicación do CXT

As reclamacións e renuncias poderanse presentar polos procedementos a que alude a base décimo primeira e remitiranse ademais por correo electrónico, dentro do prazo establecido, ao enderezo persoal.secundaria@edu.xunta.gal

Adxudicación provisional secundaria

Listaxe provisional de persoas excluídas secundaria

Resolución provisional secundaria