Relación provisional da lista de profesor especialista de CONDUCIÓN DE GRUPOS A CABALO e COIDADOS EQUINOS


24 Feb, 2021

WEBResolución do 23 de febreiro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia como profesor especialista nas ensinanzas do módulo profesional de “condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos” do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en condución de actividades físico-deportivas no medio natural (591705). (código de procedemento ED003A).

Resolución provisional

De acordo co disposto na base sexta da convocatoria pola que se acordou a apertura do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións, as persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no citado portal da Internet. Tal e como se indica na dita base sexta a presentación das alegacións e documentación que proceda deberá realizarse electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (LIGAZÓN)  na que está dispoñible o modelo de “emenda ao requirimento”.

Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.

Baremo provisional

Relación provisional de persoas excluídas

LIGAZÓN ás LISTAS