Relación provisional de persoas admitidas e excluidas da lista de PROCESOS DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA


11 Feb, 2021

WEB - Resolución do 11 de febreiro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de procesos de xestión administrativa (591222).

Resolución provisional.

De acordo co disposto na base sexta da convocatoria pola que se acordou a apertura do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións, as persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no citado portal da Internet. Tal e como se indica na dita base sexta a presentación das alegacións e documentación que proceda deberá realizarse electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (LIGAZÓN)  na que está dispoñible o modelo de “emenda ao requirimento”.

Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.

Baremo provisional.

Relación provisional de persoas excluídas.

LIGAZÓN ás LISTAS