DELF escolar en Galicia para o curso 2020/21


08 Feb, 2021

WEBDELF escolar en Galicia para o curso 2020/2021

 O prazo de matrícula está aberto ata o 26 de febreiro de 2021 na Alianza Francesa correspondente.

 A matrícula do alumnado realizarase mediante unha plataforma on-line deseñada a tal efecto. No mes de febreiro de 2021, o enlace e as modalidades serán enviadas pola Alianza Francesa correspondente aos centros educativos.

 Os diplomas DELF (Diplôme d’Études en Langue Française1) son os diplomas oficiais de lingua francesa expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e recoñecidos internacionalmente por 174 países. A súa validez é indefinida.

O alumnado dos centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia pode presentarse ás probas para a obtención deste diploma ao abeiro do convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España (SCAC) polo que se implanta o diploma DELF Escolar en Galicia.

Os niveis ofertados no DELF Escolar corresponden aos niveis A2, B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). As probas de acceso aos diferentes niveis son independentes e o alumno/a decide o nivel no que se matricula.

Todos aqueles alumnos e alumnas de centros públicos de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia que estuden a materia de Francés como primeira ou segunda lingua estranxeira na Educación Secundaria Obrigatoria ou no Bacharelato ou participe en programas de plurilingüismo en francés desta Consellería.

As probas a comenzos de maio.