WEB - A Dirección Xeral de centros e RRHH confirma que os CRIBADOS DO PROFESORADO incluen aos mutualistas de MUFACE das entidades privadas.
Postos de novo en contacto coa Administración Educativa, dende a Dirección Xeral de centros e RRHH, voltan a confirmar que os mutualistas de MUFACE con entidades privadas si están a ser chamados para os cribados. Enviaronse os listados do profesorado aos concellos. Se houbese algunha incidencia ao respecto, aconsellan porse en contacto coa Xefatura Territorial de Educación correspondente.
LIGAZÓN aos escritos de educación e sanidade
Escrito coa contestación da Directora Xeral de Saúde Pública: ... "En relación coa solicitude que nos traslada, podo asegurarlle que a mesma terase en conta á hora de priorizar ditos cribados co fin de maximizar os resultados en función dos recursos dispoñibles".
Así mesmo, ANPE Galicia demandará que os test de saliva que se están a facer nas Farmacias de Vigo e Pontevedra inclúan tamén aos mutualistas de MUFACE que teñan subscrita a súa prestación de servizos de asistencia sanitaria coas entidades privadas.