ANPE esixe cribados para todos os docentes galegos


01 Feb, 2021

WEB - ANPE esixe CRIBADOS para todos os DOCENTES dos centros educativos galegos ás consellerías de educación e sanidade.

EXPÓN:

1.- Que nos últimos días estase procedendo por parte do SERGAS á realización de cribados selectivos da poboación de determinados concellos que contan cunha especial incidencia de casos positivos de COVID-19.

2.- Que se ben, como parte desa poboación o SERGAS está a comunicar e a convocar para a realización dos ditos cribados selectivos ao persoal docente dos centros educativos galegos cuxa asistencia sanitaria depende do servizo de saúde pública, hai unha parte importante de profesorado mutualista de MUFACE que ten adscrita a súa prestación sanitaria a entidades privadas (como é o seu dereito) que non está a ser citada.

3.- Que entendemos que a Consellería de Educación é a que debe velar pola saúde de todos e todas os seus traballadores e que, polo tanto, debe suplir esta carencia de atención a unha parte importante do profesorado galego.

4.- Que, dadas as circunstancias actuais da pandemia, e o aumento exponencial de casos nos centros educativos tras a volta das vacacións do Nadal co conseguinte incremento de contaxios e aulas pechadas deben realizarse novos cribados ou probas diagnósticas específicas a todo o persoal docente dos centros públicos da nosa Comunidade para garantir a seguridade de toda a comunidade educativa e frear a expansión da COVID-19 nos centros de ensino.

SOLICITA:

Que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade remita á Consellería de Sanidade a relación completa de TODO o persoal docente dos centros educativos públicos da Comunidade (xa teñan ou non a prestación sanitaria a través do Servizo Público de Saúde) e se coordine con dita Consellería para a realización de cribados e probas diagnósticas específicas a TODO o profesorado galego.

Que se inclúa a TODO o profesorado (e non soamente o adscrito ao Servizo Público de Saúde) nos cribados selectivos que se están a realizar en diferentes concellos da nosa Comunidade.

- Xustificante rexistro educación

- Xustificante rexistro sanidade