Obxectivo acadado por ANPE - os mutualistas de MUFACE con entidades privadas entrarán nos cribados


03 Feb, 2021

WEB - ANPE consigue mediante xestión e escritos que OS MUTUALISTAS DE MUFACE CON ENTIDADES PRIVADAS ENTRARÁN TAMÉN NOS CRIBADOS SELECTIVOS REALIZADOS POLO SERGAS.
Tras as xestións e os escritos presentados (ligazón aos escritos) por ANPE  esta semana  ás Consellerías de Educación e de Sanidade, a Administración acaba de confirmarnos que se está a remitir ao SERGAS a listaxe de mutualistas de MUFACE con prestación sanitaria de entidades privadas para que sexan incluídos nos cribados selectivos que se están a realizar en determinados Concellos.

Calquera incidencia que sucedera a este respecto, podedes enviala a galicia@anpe.es

***** Informamos que dende MUFACE estase a enviar un correo a tod@s @s mutualistas  con instrucións para comprobación e/ou actualización dos seus datos. 

 

- Xustificante rexistro educación

- Xustificante rexistro sanidade