CXT 2020/21 - Publicación das instancias de participación na aplicación do concurso


05 Feb, 2021

WEB - ANPE informa sobre o Concurso Xeral de Traslados 2020 para persoal funcionario de carreira e en prácticas.

Como seguimento do proceso do CXT no que participa o persoal funcionario de carreira e en prácticas, informamos que xa están publicadas as instancias de participación baremadas.

Accede nesta  LIGAZÓN.

Ábrese o primeiro prazo de reclamacións, previo á resolución provisional, dende o 5 de febreiro ata o 10 de febreiro do 2021:

Cando se publique a resolución provisional abrirase outro periodo de reclamacións.

Pasos a seguir para reclamar:

1º Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna "Prazo reclamación baremo provisional" e abrirase unha nova xanela.

2º Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.

3º Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

4º Na ligazón PDF Reclamacións  da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar o informe coas reclamacións que será o que deberá presentar.

Poderán, así mesmo, formular as reclamacións que coiden oportunas mediante o correo electrónico a persoal do corpo ao que pertence (primaria ou secundaria) indicando no asunto da mensaxe: “Reclamación CXT”, “Reclamación ORI” ou “Reclamación ADULTOS” segundo corresponda.

Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal concursante pode poñerse en contacto co servizo de persoal correspondente:

Primaria: 981 545 495 – 881 995887 persoal.primaria@edu.xunta.gal

Secundaria: 981 545 494 - 981 544 486 - 981 545 409 - 981 545 407 - 981 545 255 - 981 545 408 persoal.secundaria@edu.xunta.gal

 

** Datas previsibles de resolución:

Resolución provisional: 4 de marzo Secundaria e 11de marzo Mestres.

Resolución definitiva: 11 de maio Secundaria e 19 de maio  Mestres.