A misión do Plan de Formación Profesional para a reconstrución económica e social e a empregabilidade é crear un ecosistema de relanzamento económico desde a aposta polo capital humano e o talento e garantir unha formación e cualificación profesional a toda a poboación, desde estudantes dos ensinos de Formación Profesional ata a poboación activa, baseado en tres principios:
1. Recoñecemento e acreditación das competencias profesionais.
2. Flexibilización accesibilidade da Formación Profesional e á orientación profesional.
3. Incorporación da dixitalización, a innovación e o emprendemento no sistema de Formación Profesional.
Coa finalidade de cumprir co obxectivo do Plan de Formación Profesional, o Ministerio de Educación e Formación Profesional definiu as seguintes actuacións, de carácter estratéxico, ás que se asignan recursos:
1. Avaliación e acreditación das competencias básicas e profesionais.
2. Formación en dixitalización aplicada aos sectores produtivos para o profesorado de FP.
3. Creación de Aulas de Emprendemento en Formación Profesional.
4. Redimensionamiento da oferta da Formación Profesional.
5. Conversión de aulas en espazos de tecnoloxía aplicada.
GALICIA
Acreditación de competencias - 8.232.120,49 €
Formación en dixitalización - 160.530,38 €
Aulas de emprendemento - 155.000,00 €
Incremento de prazas de FP - 6.864.418,49 €
Conversión de aulas en espazos de tecnoloxía - 729.430,80 €
TOTAL aportado polo Ministerio - 16.141.500,16 € ( das comunidades con máis asignación)