ENLACE á participación: https://www.edu.xunta.es/cxt aínda cando se concurse por máis dunha especialidade, o persoal concursante presentará unha única solicitude, que se imprimirá unha vez cubertos os datos de participación no concurso a través do enderezo web
As vacantes que se ofertan neste concurso son as que se publican no anexo I desta convocatoria para o corpo de mestres, para os corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, e as resultas que se produzan en cada corpo na resolución do propio concurso.
As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e poderán presentarse:
a) No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.
b) Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.
c) Na secretaría do centro educativo en que presta servizos o persoal concursante.
d) En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG. Finalizado este prazo, non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas. Non se computarán como días hábiles os sábados, domingos e os días festivos.
O persoal concursante poderá presentar reclamacións a resolución provisional, no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderán obter destino na resolución definitiva. As prazas adxudicadas na dita resolución son irrenunciables, polo que o persoal participante deberá incorporarse ás prazas obtidas.