O prazo de reclamacións e/ou renuncias remata o venres, 27 de novembro de 2020.
Listaxe provisional de centros seleccionados (ordenados por código de centro)
Resolución provisional Contratos-programa 2020/21
Esta publicación abre un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias, segundo o establecido no apartado 13.2 da convocatoria, que deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A), xunto coa documentación complementaria. Para a presentación das reclamacións ou renuncias poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.