Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros no contexto da Covid-19


04 Nov, 2020

WEBResolución conxunta da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se aproba o Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros educativos no contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021 e o Anexo I (Plan de continxencia)

O “Plan de Continxencia” específico de centro que será aprobado pola dirección, de conformidade coas previsións do modelo que figura no Anexo VI do citado protocolo, no que se establecerán as medidas en caso de suspensión da actividade lectiva, as medidas para facer efectivo o ensino a distancia e os supostos de reactivación da actividade lectiva presencial, de conformidade coas instrucións da autoridade sanitaria.

Anexo I PLAN DE  CONTINXENCIA

()

- Os centros realizaran de xeito inmediato e periodicamente simulacións que permitan ter establecidos os protocolos de actuación no caso de peche. Neste proceso contarán coa apoio dos servizos da Rede de Formación Permanente do Profesorado e da inspección educativa.

- A concreción das necesidades de recursos para o ensino a distancia derivadas dunha situación de peche manterase debidamente actualizada en coordinación coa inspección educativa.

Para garantir o proceso, o profesorado que precise de formación básica necesaria deberá realizar de xeito inmediato unha formación facilitada polo propio centro educativo ou polos servizos da Rede de Formación Permanente do Profesorado. Esta formación constitúe un dereito e unha obriga do profesorado, de acordo co establecido no artigo 102 da Lei Orgánica de Educación...

- Durante o peche ou confinamento, sempre de acordo coas indicacións sanitarias derivadas da evolución epidemiolóxica, o profesorado poderá seguir o proceso educativo no seu centro educativo ou no seu domicilio, no caso de dispoñer dos medios adecuados para realizar o servizo.

- Cando durante o peche ou confinamento parte do profesorado afectado se atope de baixa será o equipo docente (departamento, equipos de ciclo, etc) co apoio da persoa Coordinadora TIC /eDixgal quen dispoña provisionalmente de recursos formativos ao alumnado ata a incorporación de persoal de substitución ou a alta do/a docente. Poderá contarse, para esta labor, co apoio das asesorías do Centros de Formación e Recursos (CFR) correspondente.

- Unha vez atendidas as necesidades iniciais as direccións dos centros trasladarán con carácter de urxencia por correo electrónica á inspección educativa as necesidades priorizadas de equipos que quedaran sen cubrir. A inspección dará traslado destas necesidades aos servizos centrais para facilitar a súa cobertura inmediata.

- O material solicitado aos servizos centrais será repartido coa máxima celeridade por AMTEGA.

   ()