De conformidade co establecido no artigo 10.2 dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2019, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia do 9 de xullo de 2020 e publicados por Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 10 de xullo de 2020 (DOG número 144, do 20 de xullo), o anuncio de exposición das listaxes definitivas de admitidos e excluídos publicarase no Diario Oficial de Galicia.
Primeiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, a distribución final da concesión das axudas do Fondo de Acción Social do exercicio económico do ano 2019.
Segundo. Facer públicas as listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2019, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS
Para o coñecemento íntegro do acto, as persoas solicitantes deberan introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.
Terceiro. As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada contra a resolución ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.