CXT 2020/21 - Convocatoria do Concurso Xeral de Traslados entre funcionarios docentes


30 Out, 2020

DOGORDE do 19 de outubro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación.

Prazo de presentación do 5 ao 26 de novembro

A solicitude cubrirase a través da internet, empregando o portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no enderezo www.edu.xunta.es/cxt

Modalidades de participación

Ao acceder á aplicación informática do concurso, o persoal que incorporou os datos persoais conforme a petición que lle foi formulada no seu momento pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos encontrarase cos méritos alegados que foron validados, verá os méritos que lle son baremables e os que non son considerados para os efectos de baremo, e ofreceráselle unha puntuación para o concurso.

De estar o expediente incompleto, o persoal concursante interesado completarao na base de datos, e imprimirá a solicitude e a folla de alegacións que xera a propia aplicación informática e, xunto coa documentación xustificativa a que se fai referencia nos anexos XVI ou XVII, entregaraa conforme as normas recollidas na base vixésimo primeira no prazo de solicitudes previsto na base vixésimo terceira.

O persoal participante no concurso que alegue méritos nos números 6.1 e 6.3 do anexo XVI ou no número 4.1 do anexo XVII imprimirá a folla correspondente a estes méritos da aplicación informática e, xunto cos documentos xustificativos, remitiraa, dentro do prazo establecido na base común vixésimo terceira, á Comisión Avaliadora sita na Inspección Educativa de Santiago de Compostela, rúa da Besada, San Lázaro, 107, código postal 15703.

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e poderán presentarse:

a) No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

b) Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

c) Na secretaría do centro educativo en que presta servizos o persoal concursante.

d) En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Manual de usuario da aplicación. 
Información relacionada co concurso xeral de traslados. 

**** ADXUDICACIÓN PROVISIONAL - Mestres 11 de marzo de 2021

                                                         Secundaria 04 de marzo de 2021

**** ADXUDICACIÓN DEFINITIVA - Mestres 19 de maio de 2021

                                                     Secundaria 11 de maio de 2021