Convenio para a execución do programa EDUCA EN DIXITAL


22 Out, 2020

BOE Resolución do 21 de outubro de 2020, da Subsecretaría, pola que se publica o Convenio entre o Ministerio de Educación e Formación Profesional, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Entidade Pública Empresarial Red.es, M. P., para a execución do programa «Educa en dixital», mediante accións para apoiar a transformación dixital do sistema educativo.

Constitúe o obxecto do presente Convenio interadministrativo a colaboración no desenvolvemento do programa «Educa en Dixital» na Comunidade Autónoma de Galicia, emprendendo accións para apoiar a transformación dixital do sistema educativo consistentes na dotación de dispositivos e doutros recursos educativos dixitais, na adecuación das competencias dixitais do persoal docente e na aplicación da intelixencia artificial á educación personalizada.

A) Posto educativo no fogar: dotación á Comunidade Autónoma do equipamento susceptible de ser prestado ao alumnado en situación de vulnerabilidade. O «Posto educativo no fogar» consta dun dispositivo tipo ordenador portátil ou equivalente con software de base necesario incorporado, xunto con elementos de seguridade, configurado para uso educativo; e dunha conexión a Internet. O posto poderá incorporar as aplicacións formativas proporcionadas polas administracións educativas.
B) Outras actuacións: dotación de dispositivos tecnolóxicos e outros equipamentos adicionais ao «Posto educativo no fogar». Para o mellor desenvolvemento desta actuación poderase confeccionar un inventario dos dispositivos e outro equipamento tecnolóxico cos que contan os centros docentes, así como a análise de necesidades...