Apertura de listas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de Música e Artes Escénicas


21 Out, 2020

WEB - Publicación da resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas.

CLAVE (594405)
CONTRABAIXO (594406)
PERCUSIÓN (594422)

Prazo de presentación de solicitudes: desde o xoves día 22 de outubro ata o día 28 de outubro de 2020, ambos incluídos.

Resolución do 21 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) (código de procedemento ED003A)

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Acceder á Sede electrónica a través da seguinte LIGAZÓN e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible desde o xoves día 22 de outubro.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

3º. Seguir os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

Deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.