Resolución provisional de centros admitidos e excluídos no Club de Ciencia


20 Out, 2020

WEB - Resolución provisional de centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso 2020/21.

Prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución neste portal educativo, para realizar reclamacións ou renuncias.

Resolución provisional de centros admitidos e excluídos

O procedemento para realizar reclamacións ou renuncias dirixirase á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónico normalizado (código PR004A), xunto coa do- cumentación xustificativa. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).