Fondo de Accción Social (FAS) 2019 - listas provisionais de axudas


08 Out, 2020

DOG - RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listas provisionais de axudas aprobadas e denegadas do fondo de acción social do exercicio económico de 2019, relativas á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia, convocadas pola Resolución do 10 de xullo de 2020.

As mencionadas listas figuran na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS. As persoas solicitantes deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e o código de impresión da súa solicitude para coñecer integramente o acto.

Segundo. Contra a resolución provisional dos expedientes as persoas solicitantes poderán presentar reclamación e, se é o caso, emendar os defectos que motivan a exclusión provisional no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A reclamación poderase presentar en calquera dos rexistros públicos, oficinas de Correos e demais lugares establecidos no artigo 16.4 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As reclamacións e achegas de documentos deberán dirixirse ao director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública, no Edificio Administrativo San Caetano, núm. 1, piso 2º, 15770 Santiago de Compostela.