Prazo de solicitudes: do 21 ao 24 de setembro
Cando a publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesionalhttp://www.edu.xunta.gal para o curso académico correspondente sexa o día 15 de agosto ou con posterioridade a esta data, o prazo para as persoas obrigadas a participar no devandito concurso será de catro (4) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do modelo oficial de solicitude segundo o anexo I que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede. xunta. gal/).
Non deberá presentarse ningunha documentación complementaria para a tramitación deste procedemento.
Cada unha das persoas interesadas en solicitar o intercambio provisional da praza terá que cubrir unha solicitude.
Na solicitude deberán constar os datos da persoa coa que queira solicitar o intercambio de praza, de maneira que haberá tantas solicitudes como persoas interesadas en intercambiar a praza.
INFORMACIÓN SOBRE ESTE PROCEDEMENTO