Secundaria - Instrucións para o comenzo de curso e modificación do calendario escolar


17 Set, 2020

DOGORDE do 16 de setembro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/21 e pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Con carácter xeral, a actividade lectiva será presencial para todos os niveis e etapas do sistema educativo, con prioridade para o alumnado de menor idade.

2. Excepcionalmente, poderán impartirse semipresencialmente as ensinanzas de bacharelato, formación profesional, así como as ensinanzas de réxime especial.

De forma xeral, manterase unha distancia interpersoal de polo menos 1,5 metros nas interaccións entre as persoas no centro educativo. 

3. Se o tamaño da aula non permite as distancias previstas nos parágrafos anteriores adoptaranse algunha das seguintes medidas:

– Retirarase o mobiliario non indispensable que diminúa a superficie útil da aula para tentar obter o máximo distanciamento posible.

– Sempre que sexa posible, utilizaranse aulas alternativas de especialidade que teñan maior dimensión, tales como laboratorios, aulas de música ou similares.

4. Se co previsto na epígrafe anterior non puidese manterse a distancia de 1,5 metros, logo da autorización da inspección educativa, optarase polas seguintes opcións:

– Semipresencialidade rotatoria, agás na educación secundaria obrigatoria.

– Instalación de anteparos ou separacións que garantan a protección individual do alumnado. Nos talleres de formación profesional e ensinanzas de réxime especial, cando proceda, adoptaranse medidas de seguridade usando pantallas de protección facial.

– Desdobramentos do grupo de alumnos.

Artigo 5. Autorización da cota de profesorado de cada centro educativo

 Unha vez autorizado o funcionamento dos grupos pola inspección educativa, a xefatura da inspección de cada xefatura territorial remitirá á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos a proposta de incremento de profesorado de cada centro educativo para o curso académico 2020/21.

 A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos resolverá definitivamente sobre o incremento de cota de cada centro, trasladarao á aplicación informática de edu.xunta.es/persoal e os centros procederán a solicitar as prazas correspondentes e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos realizará a adxudicación definitiva dos destinos provisionais.

4. A toma de posesión do profesorado nos destinos adxudicados terá efectividade do 22 de setembro de 2020.

5. Sen prexuízo do anterior, o persoal funcionario de carreira e o persoal interino con nomeamento de interino ata o 15 de setembro de 2020 tomará posesión con efectividade do día 16 de setembro de 2020.

Disposición adicional. Adiamento do inicio do curso académico nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais.

** 23 de setembro iniciarán a actividade lectiva as ensinanzas de 1º e 2º de ESO, 1º de Bach, 1º de FP de grao medio e 1º de formación profesional de grao superior, e as ensinanzas básicas de educación para persoas adultas polas modalidades presencial e a distancia.

** 24 de setembro iniciarán a actividade lectiva as ensinanzas de 3º de ESO, 2º Bach, 2º de FP de grao medio e 2º de formación profesional de grao superior.

** 25 de setembro  iniciarán a actividade lectiva as ensinanzas de 4º de ESO e  FP Básica

O alumnado de ensinanzas de artes plásticas e deseño e as deportivas incorporarase nas mesmas datas establecidas para o alumnado de formación profesional.

O alumnado das demais ensinanzas de réxime especial incorporarase a partir do 23 de setembro de acordo cos calendarios de organización e funcionamento dos centros»