Convocatoria centros e persoas titoras do Practicum PTFP


15 Set, 2020

DOGRESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional, na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020/21.

O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e terán quince (15) días hábiles de prazo de solicitude, no que se pechará a aplicación Xade, non podendo a partir desta data introducir máis centros e persoas titoras e coordinadoras nela.

Os centros educativos que desexen ser designados como centros de prácticas deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Aprobación do claustro de profesores, para colaborar co prácticum.

b) Incorporación na programación anual da participación do centro no desenvolvemento das actividades de titoría do alumnado do prácticum, autorizando a súa presenza e participación nas actividades do centro docente e asumindo por parte do equipo directivo e da persoa coordinadora do prácticum do centro a responsabilidade de supervisión do seu desenvolvemento e a interlocución coas persoas responsables do prácticum na universidade.

Á persoa titora corresponderalle a tutela dun máximo de tres (3) alumnos e/ou alumnas en prácticas. O profesorado que desexe ser designado como persoa titora de prácticas deberá contar, polo menos con dous (2) anos de experiencia e aínda cando se divida o prácticum en diferentes fases, a persoa titora será a mesma durante todo o proceso.

A persoa directora do centro ou, por delegación súa, a persoa encargada da xefatura de estudios ou excepcionalmente, unha das persoas titora das prácticas exercerá as funcións de persoa coordinadora das prácticas.

Os centros e persoas, coordinadoras e titoras, que desexen acreditarse para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización FP deberán solicitar a súa alta á dirección do centro que rexistrará a todos os interesados, na aplicación Xade seguindo o itinerario: <<Profesorado>Datos profesionais>Traballo no centro>>, onde existirán dúas opcións: <<Coordinador prácticum curso especialización FP>> e <<Voluntario para titorizar prácticum curso especialización FP>