O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e terán quince (15) días hábiles de prazo de solicitude, no que se pechará a aplicación Xade e non poderán, a partir desta data, introducir máis centros e persoas titoras e coordinadoras nela.
As persoas interesadas disporán de cinco (5) días hábiles para realizar as alegacións que se consideren ás listas publicadas no portal educativo no correo formacion.fprofe@edu.xunta.es
- Os centros e persoas coordinadoras e titoras que desexen acreditarse para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en profesorado deberán solicitar a súa alta á Dirección do centro, que rexistrará todas as persoas interesadas, aínda que en anos anteriores estivesen acreditadas na aplicación Xade seguindo o itinerario: <<Profesorado>Datos profesionais>Traballo no centro>>, onde existirán dúas opcións: <<Coordinador prácticum máster profesorado>> e <<Voluntario para titorizar prácticum máster profesorado>>.
Cada centro terá un só coordinador, que será o director do centro, ou, por delegación súa, a persoa encargada da xefatura de estudos ou, excepcionalmente, unha das persoas titoras de prácticas.
Ademais, a persoa directora do centro ou, por delegación súa, a persoa encargada da xefatura de estudos ou da secretaría, asinará e remitirá ao enderezo formacion.fprofe@edu.xunta.es unha lista coas persoas que participan e que poderán obter directamente da aplicación Xade.
- Para as escolas oficiais de idiomas, escolas de arte e superiores de deseño e os conservatorios profesionais de música e danza, enviarán a súa solicitude ao enderezo electrónico formacion.fprofe@edu.xunta.es. Nesta solicitude indicarán os nomes do coordidador e dos titores cos correspondentes datos de DNI, especialidades e horarios (nocturno/diurno).
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.