Concurso de méritos para o centro Vicente Cañada Blanch en Londres - resolución


03 Set, 2020

DOGORDE do 26 de agosto de 2020 pola que se resolve o concurso de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no Colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido).

Mediante a Orde do 11 de xuño de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 122, do 22 de xuño) convocouse concurso de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no Colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido).

Primeiro. Adxudicarlle a praza convocada a José Andrés Temprano Ferreiro, con DNI ***9334**. 

Segundo. De conformidade co establecido no artigo 6.2 da orde de convocatoria, a persoa seleccionada será nomeada en comisión de servizos para o curso académico 2020/21, polo que se deberá incorporar con data do 1 de setembro de 2020 e cesar no seu destino de procedencia o 31 de agosto dese ano.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.