Centros educativos - modificación de medidas e actuación coordinadas en saúde pública frente á Covid-19


29 Ago, 2020

DOGORDE do 28 de agosto de 2020 pola que se modifican determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, e se dispón a publicación da Orde comunicada do ministro de Sanidade, do 27 de agosto de 2020, mediante a que se aproba a declaración de actuacións coordinadas en saúde pública fronte ao COVID-19 para centros educativos durante o curso 2020/21.

3. Os centros educativos promoverán que as reunións de coordinación e aqueloutras actividades non lectivas que sexan posible se realicen de forma telemática.

5. Todos os centros educativos designarán unha persoa responsable para os aspectos relacionados co COVID, que debe estar familiarizada con todos os documentos relacionados con centros educativos e COVID-19 vixentes. Esta persoa actuará como interlocutor cos servizos sanitarios por requirimento da unidade de saúde pública correspondente ou por propia iniciativa cando deba consultar algún asunto, e deberá coñecer os mecanismos de comunicación eficaz que se establecesen cos responsables sanitarios do seu ámbito territorial.

6. De forma xeral, manterase unha distancia interpersoal de, polo menos, 1,5 metros nas interaccións entre as persoas no centro educativo.

7. O uso da máscara será obrigatorio a partir dos 6 anos de idade con independencia do mantemento da distancia interpersoal, sen prexuízo das exencións previstas no ordenamento xurídico.

8. En educación infantil e en primeiro ciclo de educación primaria, a organización do alumnado establecerase, con carácter xeral, en grupos de convivencia estable, en cuxo ámbito non se aplicarán criterios de limitación de distancia. Débese garantir a estanquidade do grupo de convivencia estable en todas as actividades que se realicen dentro do centro educativo.

21. Os traballadores vulnerables ao COVID-19 manterán as medidas de protección de forma rigorosa, de acordo coa avaliación realizada polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais e o seu informe sobre as medidas de prevención, adaptación e protección necesarias, seguindo o establecido no Procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte á exposición ao SARS-CoV-2.