De acordo co establecido no artigo 37.d) da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais (DOG núm. 113, do 14 de xuño) e o punto oitavo da Resolución do 17 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2020/21 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (DOG núm. 127, do 29 de xuño), a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
A adxudicación definitiva terá efectividade do día seguinte ao da súa publicación no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal, sen prexuízo de que a toma de posesión se efectuará conforme o disposto no artigo 41 da Orde do 7 de xuño de 2018.
Terceiro. As persoas adxudicatarias destes destinos provisionais tomarán posesión no centro educativo con efectos do día 1 de setembro de 2020.
Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.