Artigo 2. Modificación de colexios rurais agrupados
Modificar as unidades e os postos de traballo docentes dos colexios rurais agrupados
(CRA) relacionados no anexo II.
Artigo 3. Integración de centros
1. O CEIP Plurilingüe do Pino de Val do concello de Mazaricos, código 15008659, inté- grase no CPI Plurilingüe da Picota do mesmo concello, código 15008714.
2. O CEIP de Baamonde do concello de Begonte, código 27014586, intégrase no CEIP Virxe do Corpiño do mesmo concello, código 27000897.