OPOSICIÓNS 2020 - Correción de erros na orde de convocatoria


07 Ago, 2020

DOGORDE do 30 de xullo de 2020 pola que se modifica a Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

Sucesivas prórrogas do estado de alarma impediron a apertura do prazo de presentación de solicitudes de participación nos procedementos selectivos convocados ata o día 1 de xuño de 2020. Isto fixo inviable a realización de todos os trámites administrativos necesarios para que as probas selectivas puidesen iniciarse a finais do mes de xuño e, polo tanto, obriga a adiar o inicio do desenvolvemento do probas selectivas ao mes de xuño do ano 2021.

Como consecuencia, resulta necesario modificar determinados puntos da Orde do 24 de febreiro de 2020:

O punto 3.4: Obriga de participación

O punto 7.4: Tribunais  7.5: Sorteo público

O punto 8.1: Proba castelán   9.1: Proba galego   10.1: acto de presentación