Artigo 1. Relación de persoal adscrito
En aplicación do artigo 2 da Orde do 17 de febreiro de 2020 pola que se trasladan as ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas e bacharelato do IES Universidade Laboral ao IES Rego da Trabe, ambos do concello de Culleredo, faise pública, como anexo a esta orde, a relación de profesorado que se adscribe con carácter definitivo ao IES Rego da Trabe, con efectividade do 1 de setembro de 2020.
A adscrición realízase na mesma especialidade que están a desempeñar con destino definitivo no IES Universidade Laboral.
Artigo 2. Antigüidade no novo centro
O persoal docente que se relaciona no anexo manterá, para todos os efectos de antigüidade no novo centro, a xerada no seu centro de orixe.
Artigo 3. Recursos
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.