• Noticia destacada

CADP 2020 - Publicación da Resolución provisional de destinos dos corpos de SECUNDARIA


31 Xul, 2020

WEBPublicación da Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes de secundaria para o curso académico 2020/21

Resolución provisional (secundaria)

Adxudicación provisional alfabética (secundaria)

Adxudicación provisional por orde de adxudicación (secundaria)

De acordo co establecido no punto sétimo da Resolución do 17 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia nº 127, do 29 de xuño), publícase a resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal docente dos corpos de secundaria para o curso académico 2020/21.

O prazo para formular reclamacións ou renuncias é o comprendido entre o día 3 de agosto ata o 3 de setembro de 2020, ambos incluídos.

As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/a-mina-sede

As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse a través de:

 https://www.edu.xunta.es/cadp/ e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Cando se renuncie a todas as listas será necesario, ademais, remitir a documentación xustificativa escaneada ao seguinte enderezo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.gal.