CONFINEMOS O PROTOCOLO DA CONSELLARÍA CADEA HUMANA. RODEA SAN CAETANO


24 Xul, 2020

ANPEGRAZAS por berrar connosco contra un protocolo que non atende a motivos pedagóxicos e que restrinxe os dereitos do profesorado atribuíndonos funcións que non son propias dos docentes.

Desde as organizacións convocates CIG, CCOO, ANPE e UGT queremos agradecer a implicación e o esforzo de todo o profesorado coa alta participación na cacerolada en contra do protocolo da consellería de educación o pasado mércores 22 de xullo. 
Precisamos novamente da vosa participación para eliminar de raíz este protocolo e obrigar á consellería a elaborar un consensuado que atenda ás necesidades e á realidade da comunidade educativa gaelga.

O vindeiro MARTES 28 DE XULLO ás 11:30 horas faremos un acto simbólico no que confinaremos ó protocolo cunha cadea humana ao redor da consellería de educación. Comezaremos o acto diate da consellería de educación para, ordeadamente e mantendo a distancia de seguridade, cercar San Caetano e confinar o protocolo dentro da consellería.

Lembramos que a distancia entre persoa e persoa debe ser, como mínimo, de 1,5 m e que debemos levar máscara.  

NON ESQUEZAS A TÚA CAZOLA para que escoiten o noso malestar desde dentro da consellería e animámosvos a ir caracterizados con elementos de traballo propios do profesorado: batas, mandilóns de cores, instrumentos musicais, chándal, pelota, probetas ....

ESPERÁMOSVOS o MARTES 28 de XULLO ás 11:30h diante da consellería de educación!!!
Lembra que se non tes a posibilidade de asistir, sempre podes facer unha foto co teu material de traballo, con máscara, con pantalla ou como se che ocorra e subila ás redes sociais co hashtag #EscolaContraCovid.