WEB - Actividades de formación para profesorado de formación profesional. Setembro de 2020
Publicada a relación de actividades de formación para o profesorado de formación profesional para a 1ª quincena de setembro de 2020. Proximamente se publicarán o resto de actividades do 1º trimestre 2020 destinadas ao profesorado de formación profesional.
A planificación destas actividades ven condicionada pola situación creada pola pandemia do COVID-19. A maioría das actividades realizaranse utilizando ferramentas de comunicación telemáticas, videoconferencia, aulas virtuais, foros, etc. Outras combinarán estes sistemas de comunicación, con sesións presenciais, que se adaptarán ás medidas sanitarias actual: número persoas acorde ás dimensións dos locais, varias quendas, uso de máscaras, limpeza de equipamentos e locais, etc.
A relación de actividades é a seguinte:
Actividade | Datas | Código |
Aplicacións de Arduino e Raspberry pi en domótica | 1ª quincena de setembro | O2001004 |
Circuítos básicos en hidráulica e pneumática | 1ª quincena de setembro | P2001004 |
Dermofarmacia na oficiña de farmacia | 1ª quincena de setembro | V2001011 |
Desenvolvemento de aplicacións con Angular | 1ª quincena de setembro | V2001009 |
Deseño e administración de redes con MIKROTIK: MTCNA | 1ª quincena de setembro | S2001003 |
Deseño publicitario con Inkscape | 1ª quincena de setembro | V2001007 |
Hidrocinesia e fitness acuático | 1ª quincena de setembro | V2001006 |
Iniciación ao mecanizado en fresadora universal | 1ª quincena de setembro | F2001005 |
Iniciación ao mecanizado en torno paralelo | 1ª quincena de setembro | V2001008 |
Instalacións artísticas como ferramenta pedagóxica | 1ª quincena de setembro | O2002002 |
Manipulación de novos refrixerantes en instalacións frigoríficas e de climatización | 1ª quincena de setembro | V2001010 |
Moodle avanzado | 1ª quincena de setembro | L2001004 |
Posta en marcha de equipos e circuitos hidráulicos | 1ª quincena de setembro | F2001006 |
Preparación de esqueletos para tapizar | 1ª quincena de setembro | P2001005 |
Promoción en buscadores e redes sociais dunha tenda de comercio electrónico | 1ª quincena de setembro | O2001003 |
Radioenlaces e redes metropolitanas sen fíos | 1ª quincena de setembro | C2001003 |
Técnicas de iniciación ao desabolado de chapa | 1ª quincena de setembro | P2001006 |
Vehículo eléctrico | 1ª quincena de setembro | C2001004 |
Xestión cinexética | 1ª quincena de setembro | V2001012 |
Alfabetización visual na era dixital | 2ª quincena de setembro | C2001005 |
Corte do cabelo. Estilismo e técnicas avanzadas | 2ª quincena de setembro | V2001015 |
CYPECAD MEP. CYPELEC REBT. Electricidade. Iluminación. Telecomunicacións | 2ª quincena de setembro | L2001005 |
Desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles con IONIC | 2ª quincena de setembro | O2001006 |
Deseño de moda sobre manequín. Moulage | 2ª quincena de setembro | C2001006 |
Deseño de xardíns en 3D con aplicacións informáticas | 2ª quincena de setembro | V2001013 |
Elaboración e deseño de cosméticos naturais | 2ª quincena de setembro | V2001014 |
Iniciación a Woodwork for Inventor | 2ª quincena de setembro | V2001016 |
O vendedor 24 horas. O escaparate | 2ª quincena de setembro | S2001004 |
Protección radiolóxica | 2ª quincena de setembro | C2002002 |
Reparación de dispositivos móbiles | 2ª quincena de setembro | P2001007 |
Sistema antipolución diesel Nox Ad Blue | 2ª quincena de setembro | O2001005 |
Técnicas actuais de decoración de unllas | 2ª quincena de setembro | P2001008 |
Uso e aplicación do infravermello con ATR | 2ª quincena de setembro | S2001005 |
Vehículo híbrido | 2ª quincena de setembro | V2001017 |
Vehículo híbrido enchufable | 2ª quincena de setembro | P2002002 |
Xornadas do profesorado de comercio e márketing | 2ª quincena de setembro | F2002001 |
Para máis información ou realizar a inscrición nestas actividades: www.edu.xunta.es/fprofe.
Nota: Aínda que na aplicación fprofe a actividade estea clasificada como presencial, realizarase utilizando ferramentas de comunicación telemáticas, e nalgún caso, con algunha sesión presencial. Nestas sesións presenciais, adoptaranse as medidas sanitarias que require a situación actual derivada da pandemia do COVID-19.