FP- profesorado galego admitido nos cursos en líña do Ministerio


24 Xul, 2020

BOEResolución do 21 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral de Formación Profesional, pola que se conceden prazas para a realización de cursos en liña para a formación do profesorado que imparte ensinos de Formación Profesional.

Por Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral de Formación Profesional, convocáronse prazas para a realización de cursos en liña para a formación do profesorado que imparte ensinos de Formación Profesional. Efectuada a selección das solicitudes presentadas, de conformidade co establecido no apartado noveno da resolución de convocatoria.

Primeiro. Conceder 471 prazas para a realización de cursos tutorizados en liña para a formación do profesorado que imparte ensinanzas de Formación Profesional do Sistema Educativo. No anexo achégase a relación de persoas ás que se lles concede praza por comunidade autónoma ou cidade autónoma.

Segundo. A formalización das prazas concedidas queda condicionada ao cumprimento dos requisitos establecidos no apartado cuarto da resolución de convocatoria.

Terceiro. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas