Prórroga de seccións bilingües en determinados centros de Ensinanzas Artísticas


24 Xul, 2020

DOGRESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, de prórroga de seccións bilingües en determinados centros de ensinanzas artísticas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a Orde do 14 de xullo de 2014 (DOG do 23 de xullo) autorizouse a posta en marcha, con carácter experimental, de seccións bilingües de lingua inglesa no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, no Conservatorio Profesional de Música da Coruña e no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Igualmente, mediante a Orde do 7 de xullo de 2016 (DOG do 20 de xullo) autorizouse a posta en marcha, con carácter experimental, de seccións bilingües de lingua inglesa no Conservatorio Superior de Música de Vigo e na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.

( ) o artigo 9 das correspondentes ordes de autorización establécese que o proxecto ten unha duración de dous cursos académicos, prorrogables en períodos de dous cursos académicos, logo do informe favorable do Servizo de Inspección Educativa emitido tendo en conta a adecuación ás condicións e obxectivos indicados na súa posta en marcha e a permanencia das circunstancias que xustificaron a súa implantación.

Primeiro. Prorrogar, por un período de dous anos e coa finalidade de favorecer a práctica de idiomas estranxeiros entre o alumnado de ensinanzas artísticas, as seguintes seccións bilingües:

– A sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

– A sección bilingüe de lingua inglesa na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.

– A sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.

– A sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

– A sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

Segundo. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.