Segundo o establecido no artigo 4.3 da Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas de persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes desta consellería (código de procedemento ED002A), modificada pola Orde do 4 de xullo de 2019 (Diario oficial de Galicia do 11 de xullo), ábrese o prazo para que as persoas que non están obrigadas a participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais do curso académico 2020-21, poidan solicitar intercambio provisional de prazas.
O prazo para realizar a solicitude comprende desde o día 15 de xullo ata o 31 de xullo de 2020, ambos incluídos.
A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do modelo oficial de solicitude que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)