WEB - Resolución do 9 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2020/2021.
Prazos de presentación:
a) O prazo de preinscrición comeza ao día seguinte da publicación da resolución no portal educativo e remata o día 28 de setembro 2020.
b) O prazo de presentación das solicitudes comeza o día 13 de xullo e remata o 9 de outubro de 2020
2. As liñas de traballo prioritarias dos PFPP, de acordo coas directrices da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (en diante, dirección xeral), serán as seguintes:
a) Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital
b) Deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencial Ademais, os PFPP poderán tratar unha das seguintes liñas:
c) Planificación estratéxica das linguas no centro. Proxecto Lingüístico de Centro (PLC) e Tratamento Integrado das Linguas (TIL)
d) Escola inclusiva e atención á diversidade
e) Convivencia escolar e clima da aula. Centros saudables. Relacións coas familias
f) Actualización científica e didáctica do profesorado. Observación inter-pares e inter-centros g) Mellora da xestión dos centros
h) Internacionalización dos centros educativos
i) Biblioteca escolar
j) Iniciativas formativas no ámbito STEM (ciencia-tecnoloxía-enxeñaría-matemáticas)
k) A orientación vocacional e profesional.