ANPE denuncia a falta total de previsión educativa para o curso 2020-2021


09 Xul, 2020

NP - ANPE  denuncia a falta total de previsión educativa para o curso 2020-2021.  A maior parte das comunidades autónomas deste país presentaron xa os seus protocolos de funcionamento para o curso 20-21 en Galicia seguimos pendentes da súa negociación

O retraso na toma de decisións respecto ao curso 20-21 comeza a ser insostible: equipos directivos, familias e profesores descoñecen cómo vai ser a volta ás aulas en setembro, desde ANPE levamos máis dun mes solicitando a creación dun grupo de traballo para afrontar a volta ás aulas con garantías.   

Para ANPE, a volta ás aulas no mes de setembro debe garantir todas as medidas preventivas fronte ao covid-19 e, á vez, ten que ser compatible co proceso de ensino-aprendizaxe.

Así mesmo, ANPE defende un modelo que garanta o máximo de horas presenciais posibles.

Para elo, a anunciada inversión en Educación debería destinarse a:

  • Deseñar un plan de remodelación dos centros educativos para adaptalos ás novas medidas preventivas: dotar aos centros educativos de enfermeira escolar; prover de material de protección e hixiene; limpar e desinfectar varias veces ao día; distribuír os espazos para manter o distanciamento físico; xestionar os residuos no centro.
  • Reforzar e aumentar las plantillas docentes. As medidas de distanciamento físico obrigan a baixar a ratio e a desdobrar as aulas, todo o contrario ao que se está facendo por parte das Xefaturas Territoriais ao intentar evitar por todos os medios os desdobres nos nosos centros e alentar á supresión do maior número posible de unidades. Por outro lado, hai que levar a cabo plans específicos de apoio e reforzo educativo co alumnado que no puido  realizar un proceso de ensino-aprendizaxe axeitado do terceiro trimestre do curso 2019-20. Hai que substituír ao profesorado vulnerable ante o covid19 e prever unha xestión  o máis áxil posible de todas as substitucións do profesores.
  • Un Plan de dixitalización: dotar de recursos tecnolóxicos aos centros, alumnos e docentes; adaptar os currículos e levar a cabo os cambios metodolóxicos que permiten integrar a educación presencial e online. Este plan é necesario debido aos rebrotes que poidan producirse e obriguen, outra vez, ao peche dos centros.

En consecuencia, ANPE alerta de que o inicio de curso pode ser un caos organizativo, porque os traballos preparatorios, que normalmente se fan en xullo, de organización de espazos, horarios de alumnos e profesores, ratios, etc, una vez coñecida a matrícula dos centros, están todos sen facer, para desesperación dos equipos directivos.

 E o que é peor: neste período previo cada día ha houbo unha instrución distinta que corrixe a anterior, o que xera caos e desconfianza. Nada resulta xa crible porque as razóns sanitarias son as mesmas e sen embargo modificáronse as medidas:

  • Pasamos de exixir 2 mts de distancia física a 1,5 mts y de aí ás aulas burbulla.
  • Pasamos de prescribir uso obrigatorio de mascara para todos, a que agora os nenos de ata 4º  de primaria non a necesitan porque para eles as aulas son burbullas de convivencia.
  • Pasamos do ensino bimodal, presencial-distancia ao modelo só presencial.
  • Pasamos de desdobrar as aulas, a establecer unha ratio primeiro de 15 alumnos, logo de 20 e agora xa de 25. Este curso non se pode cerrar ni unha soa unidade nos nosos centros hai que DUPLICALAS

Nada tranquilizador resulta tampouco falar de aulas como “burbullas de convivencia”: é algo irreal, xa que os nenos  relaciónanse entre sí, cos seus profesores e coas súas familias, un factor exponencial que eleva a cifra de posibles contactos a 800 persoas para unha aula de 20 alumnos, segundo un estudo realizado pola Universidad de Granada.

As medidas preventivas sanitarias non admiten excepcións: os nenos non son inmunes, non o son as súas familias e tampouco os seus profesores, que por idade e enfermidades  propias son un colectivo de especial vulnerabilidade e de elevada letalidade.

ANPE-GALICIA defende un ensino presencial, con condicións de inescusable cumprimento: todos a aula con mascara, distancia de seguridade e hixiene axeitada, test masivos para a poboación escolar e toma de temperatura ao entrar ao colexio. Pode facerse: faise con outros colectivos.

  ANPE-GALICIA considera que se debe analizar, de xeito urxente, a situación actual do noso sistema educativo e as medidas a adoptar de cara ao curso 2020-2021 como consecuencia do COVID-19. Desde ANPE pensamos que se debe planificar o próximo curso  desde tres posibles escenarios:

  • FAVORABLE, de “normalidade con medidas de prevención”, no que se incorporen todos os alumnos a clases presenciais en setembro con algunhas medidas sanitarias, de hixiene, organización, diminución de ratios, incremento de profesorado,…
  • DE RISCO MEDIO, que implicaría o regreso ás aulas dos alumnos, gardando a distancia social que se determine, extremando as medidas e adaptándoas a medidas de risco controlado .
  • DE RISCO EXTREMO, o máis desfavorable sería que ao longo do curso se producira un rebrote do virus, o que podería implicar unha nova suspensión temporal das clases presenciais.

ANPE-GALICIA plantexa un decálogo de propostas para o curso escolar 2020-2021:

  1. A elaboración de protocolos de seguridade sanitaria exclusivos para o ámbito educativo, por etapas, que inclúa a regulación específica das condicións de acceso aos centros, así como a adaptación do uso das áreas comúns —bibliotecas, corredores, patios, comedores escolares, etc.— e os recursos axeitados en materia de prevención, coas condicións de seguridade e hixiene máximas, realizados e supervisados por profesionais especializados en Prevención de Riscos.
  2. Un Plan Autonómico de dixitalización educativa, que garanta unha correcta ensinanza en liña, si a situación así o aconsella, dotando de soporte informático e conexión gratuíta a todos os alumnos e docentes.
  3. Un incremento substancial das plantillas dos centros educativos, que non so permita desdobrar aulas,no caso de ser necesario para manter a distancia de seguridade, senón tamén para apoiar a alumnos e doentes nas tarefas de reforzo de contidos non impartidos durante o terceiro trimestre do presente curso, así como dotar de persoal administrativo  a todos os centros, afrontando á vez unha drástica redución da inútil burocracia que invade o noso quefacer diario
  4. Unha nova regulación normativa para os docentes en referencia a funcións, xornada, recoñecemento de dereitos e obrigas, no caso de continuidade da alerta sanitaria no curso 2020-2021. Así como unha revisión dos protocolos de actuación que afecten aos colectivos de risco.
  5. A elaboración de directrices básicas de organización de grupos e horarios de alumnos, comúns para todos os centros da mesma etapa, nun escenario de distanciamento social que, respectando a autonomía dos centros, non deixe toda a responsabilidade en mans dos equipos directivos.
  6. A aplicación de todas as adaptacións curriculares e metodolóxicas necesarias.
  7. Protocolos e medidas de apoio psicolóxico e emocional para os alumnos, se fosen necesarias, en especial para os de máis curta idade.
  8. A creación dunha Comisión específica, formada pola Administración educativa, a sanitaria e representantes do profesorado, para o establecemento, a avaliación e a adaptación á nova realidade.
  9. Eleboración dun plan de formación específico que permita ol profesorado galego afrontar un curso 20/21 coas mellores garantías metodolóxicas, técnicas e curriculares que permitan afrontar con garantías situacións educativas como as vividas neste último trimestre.

ANPE aposta polo dialogo, a negociación e o acordo, única maneira de avanzar. Fai meses que solicitamos por activa e por pasiva a creación dun grupo de traballo: por escrito, desde a Mesa Sectorial, á propia Conselleira… para tratar estes e outros asuntos, pero a Administración incomprensiblemente resístese a crealo e convocarnos.

A plantilla de docentes de Galicia con 31.000 profesores  merécese un trato acorde á relevancia da súa responsabilidade e papel social.