Dende ANPE estamos a loitar para que non se suprima ningunha unidade, non se desprace a ningún docente e se favorezan os desdobres pola situación excepcional na que estamos inmersos e prevendo o inicio do curso con diferentes escenarios. A adminsitración educativa galega (Xefaturas Territoriais e Direccións Xerais) están a facer xusto o contrario, non só carece dun plan de previsión cunhas instruccións precisas para as diferentes situacións senon que está a aproveitar a situación para suprimir unidades e postos de traballo cando hai centros con 24 e 22 solicitudes de matrícula e desviando solicitudes a outros centros para evitar desdobres.
A REALIDADE indícanos que nos centros educativos esa baixada de matrícula é, cando menos, PROVISIONAL xa que moitas familias polo medo a un posible rebrote nos contaxios en setembro non procedeu a solicitar ainda praza para o vindeiro curso senon que está a espera da evolución dos rebrotes no verán. Por outra banda,tendo en conta a situación vivida nos últimos meses deste curso, quedou máis que demostrado que necesitamos mais persoal DOCENTE e medios materiais.
Algunha vez demostraranos que tanto o noso alumnado coma nos mesmos NON SOMOS NÚMEROS?
Dende ANPE esiximos unha educación pública de calidade, non publicidade alonxada da realidade.