• Noticia destacada

CADP 2020 - Relacións provisionais actualizadas de persoal que ten a obriga de participar


06 Xul, 2020

WEB Resolución do 30 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se fan públicas as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2020/21, convocada pola resolución do 17 de xuño de 2020 (Diario Oficial de Galicia n.º 127, do 29 de xuño) e pola que se resolven as solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2020/2021.

O prazo para presentar reclamacións é de 5 días hábiles abrangue desde o 1 de xullo ata o 7 de xullo de 2020, ambos incluídos

Anexo I Solicitudes non participación en CADP: Estimadas

Anexo II Solicitudes non participación en CADP: Desestimadas

ANEXO III-Listado persoas obrigadas a participar CADP 2020_21 (PRIMARIA-funcionarios)

ANEXO III-Listado persoas obrigadas a participar CADP 2020_21 (PRIMARIA-interinos)

ANEXO III-Listado persoas obrigadas a participar CADP 2020_2021 (PRIMARIA-ORIENTACIÓN-interinos)

ANEXO IV-Listado persoas obrigadas a participar CADP 2020_21 (SECUNDARIA-funcionarios)

ANEXO IV-Listado persoas obrigadas a participar CADP 2020_21 (SECUNDARIA-interinos)

ANEXO V-Listado provisional persoal interino excluído listas (Primaria)

ANEXO VI-Listado provisional persoal interino excluído listas (Secundaria)

A data previsible de publicación da lista definitiva é o 24 de xullo de 2020.

Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no citado portal, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou directamente un recurso contencioso- administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.