Procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres


03 Xul, 2020

DOGORDE do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A).

A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establece a obriga de relacionarse electronicamente coa Administración aos/ás seus/súas empregados/as para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregados/as públicos/as. Por esta razón, resulta preciso proceder a aprobación dunha nova orde que regule o procedemento atendendo a obriga recollida na citada lei.

Poderá solicitar o recoñecemento de novas especialidades o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A)

A especialidade de educación primaria será recoñecida de oficio pola Administración educativa ao persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que posúa algunha das titulacións que para esta especialidade se determinan no anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro.

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos http://www.edu.xunta.es/datospersoais e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

O prazo de presentación de solicitudes será nos meses de xuño e setembro de cada ano.

Contra a resolución ditada, que non lle pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá formular recurso de alzada no prazo dun mes ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, de acordo cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.