Unha vez finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras seleccionadas no procedemento selectivo para o ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional e ao corpo de mestres convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo) agás aquelas persoas opositoras con aprazamentos de fase de prácticas.