OPOSICIÓNS 2019 - Declaradas APTAS na fase de prácticas as persoas opositoras


01 Xul, 2020

DOG ORDE do 22 de xuño de 2020 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

Unha vez finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras seleccionadas no procedemento selectivo para o ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional e ao corpo de mestres convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo) agás aquelas persoas opositoras con aprazamentos de fase de prácticas.