Documento base dos Ministerios de Sanidade e de Educación con medidas de prevención e hixiene


22 Xun, 2020

MEFPOs Ministerios de Sanidade e Educación publican unha serie de medidas de prevención e hixiene nos centros educativos para o vindeiro curso 20/21.

Os dous Ministerios elaboraron un documento que inclúe unha serie de recomendacións en relación ás medidas de prevención e hixiene fronte ao SARSCoV-2 para os centros educativos no curso 2020-2021.

Ditas recomendacións deben servir de base para o traballo que realizarán as Consellerías de Educación xunto coas responsables de Sanidade ou Saúde Pública de cada comunidade autónoma á hora de planificar o próximo curso.