Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo co- mún das administracións públicas. O recurso poderá presentarse en calquera oficina de Rexistro da Xunta de Galicia ou do Portelo Único, ou por calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.