RPT - Relación de postos de traballo do profesorado de RELIXIÓN.


23 Xun, 2020

DOG ORDE do 12 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade da relación de postos de traballo do profesorado de relixión.

Artigo 1. Relación de postos de traballo - RPT

Publícase a relación de postos de traballo do profesorado de relixión dos centros de educación infantil, educación infantil e primaria, educación primaria, educación especial, centros públicos integrados e institutos de educación secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (anexos I, II e III).

Artigo 2. Relación de profesorado desprazado por falta de horario

Publícase a relación do persoal laboral indefinido docente desprazado por falta de horario (anexo IV).

A este persoal asignaríaselle un destino provisional por curso académico ata que obteña un destino definitivo por concurso de traslados.

Artigo 3. Efectividade

Esta nova relación de postos de traballo entrará en vigor o día 1 de setembro de 2020.

Disposición derradeira única

Queda derrogada a Orde do 14 de setembro de 2012 pola que se dá publicidade á relación de postos de traballo do profesorado de relixión.