Ampliación do prazo para participación no programa de innovación Club de Letras


24 Set, 2020

WEBResolución do 18 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional durante o curso 2020/2021.

Ampliado ao 7 de outubro

Ten como obxecto potenciar o emprendemento, o pensamento crítico e creativo na área das Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais.

A temática elixida nesta convocatoria sobre a que se fomentará a reflexión, a lectura crítica e a achega a novos materiais é o coidado entendido nun sentido amplo desde a comprensión da responsabilidade e da corresponsabilidade na atención das tarefas e dos labores para a atención das necesidades de quen está a padecer unha situación de vulnerabilidade.

Resolución do 18 de xuño de 2020

Poderán presentar solicitudes aqueles centros docentes públicos da Consellería de Educación,Universidade e Formación Profesional que impartan ensinanzas de educación primaria,educación secundaria obrigatoria ou bacharelato.

Anexo I

Anexo II