Convócanse bolsas de estudo para mutualistas de MUFACE, dentro dos créditos orzamentarios dispoñibles, para contribuír ao pago da matrícula e demais gastos de inscrición dos estudos universitarios oficiais que realicen durante o curso 2019/2020. O importe destas bolsas será igual á cantidade realmente abonada polo mutualista solicitante, co límite máximo de 250 euros. Considéranse «demais gastos de inscrición» as tarifas de secretaría, de certificación, de seguro escolar obrigatorio ou outras análogas, sempre que deban abonarse ineludiblemente xunto coa matrícula.
As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica de MUFACE, na dirección https://sede. muface. gob.es/, proceso de «Solicitude de Bolsas de Estudo» mediante certificado dixital recoñecido, DNI electrónico, identificación Cl@ve Permanente ou Cl@ve PIN, segundo o previsto na Orde PRE/1838/2014, do 8 de outubro, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros, do 19 de setembro de 2014, polo que se aproba Cl@ve, a Plataforma Común do Sector Publico Administrativo Estatal para a identificación, autenticación e firma electrónica, mediante o uso de claves concertadas.
O prazo de presentación de solicitude e documentación será o comprendido entre o día seguinte á publicación desta Resolución no Boletín Oficial do Estado e o 31 de outubro de 2020, ambos inclusive, e unha vez que se poida acreditar o cumprimento do requisito establecido no epígrafe 2.2. C) do presente apartado. Non sendo posible a admisión de solicitudes fóra deste período.